settings icon
share icon
Pregunta

¿Cal é o plan de Salvación?

Resposta


¿Está famento? Non fisicamente famento, pero, ¿ten un desexo de algo máis na vida? ¿Hai algo profundo no seu interior, que parece nunca estar satisfeito? Se é así, ¡Xesús é o camiño! Xesús dixo, “Eu son o pan de vida; o que a min vén, nunca terá fame; e o que en min cre, non terá sede xamais” (Xoán 6:35).

¿Está vostede confundido? ¿Nunca pode atopar un camiño ou propósito na vida? ¿Parece como que alguén apagou as luces e non pode atopar o interruptor? Se é así, ¡Xesús é o camiño! Xesús proclamou, “Eu son a luz do mundo; o que me segue, non andará en tebras, senón que terá a luz da vida” (Xoán 8:12).

¿Algunha vez sentiu, como que lle pecharon a porta da vida? ¿intentou abrir moitas portas, soamente para atopar que detrás delas todo está baleiro e sen sentido? ¿Está buscando unha entrada a unha vida plena? Se é así, ¡Xesús é o camiño! Xesús declarou, “Eu son a porta; o que por min entre, será salvo; e entrará, e sairá, e achará pastos”(Xoán 10:9).

¿Defráudano sempre as persoas? ¿As súas relacións foron superficiais e baleiras? ¿Parece que todos están tratando de sacar proveito de vostede? Se é así, ¡Xesús é o camiño! Xesús dixo, “Eu son o bo pastor; o bo pastor a súa vida dá polas ovellas…eu son o bo pastor; e coñezo as miñas ovellas, e as miñas ovillas coñécenme” (Xoán 10:11,14).

¿Preguntouse que sucede logo da vida? ¿Está cansado de vivir a súa vida por cousas que soamente corrompen e corroen? ¿Algunhas veces dubida de que a vida teña algún significado? ¿Quere vivir logo de que morra? Se é así, ¡Xesús é o camiño! Xesús declarou, “Eu son a resurrección e a vida; o que cre en min, aínda que estea morto, vivirá. E todo aquel que vive e cre en min, non morrerá eternamente” (Xoán 11:25-26).

¿Cal é o camiño? ¿Cal é a verdade? ¿Cal é a vida? Xesús contestou, “Eu son o camiño, e a verdade, e a vida; ninguén vén ao Pai, senón por min” (Xoán 14:6).

A fame que vostede sente, é unha fame espiritual, e soamente pode saciala por Xesús. Xesús é o único que pode disipar a escuridade. Xesús é a porta a unha vida satisfactoria. Xesús é o amigo e o pastor que estaba buscando. Xesús é a vida -neste mundo e no próximo. ¡Xesús é o camiño de salvación!

A razón pola que sente famento, a razón pola que parece estar perdido na escuridade, a razón pola que non pode atopar significado na vida, é que vostede está separado de Deus. A Biblia dinos que todos pecamos, e xa que logo estamos separados de Deus (Eclesiastés 7:20; Romanos 3:23). O baleiro que sente no seu corazón é pola falla de Deus na súa vida. Fomos creados para ter unha relación con Deus. Por mor do noso pecado, estamos separados desa relación. Aínda peor, o noso pecado pode causar que esteamos separados de Deus por toda a eternidade, nesta vida e na seguinte (Romanos 6:23; Xoán 3:36).

¿Como pode ser resolto este problema? ¡Xesús é o camiño! Xesús, por nós fíxose pecador (2 Corintios 5:21). Xesús morreu no noso lugar (Romanos 5:8), tomando o castigo que mereciamos. Tres días mais tarde, Xesús resucitou, demostrando a súa vitoria sobre o pecado e a morte (Romanos 6:4-5). ¿Por que o fixo? Deus mesmo contestou esa pregunta, “Ninguén ten maior amor que este, que un poña a súa vida polos seus amigos” (Xoán 15:13). Xesús morreu a fin de que nós puidésemos vivir. Se pomos a nosa fe en Jesús, confiando na súa morte como o pago polos nosos pecados -tódolos nosos pecados son perdoados e lavados. Entón a nosa fame espiritual será satisfeita. As luces acenderanse. Teremos acceso a unha vida plena. Coñeceremos ao noso mellor amigo e bo pastor. Saberemos que teremos vida logo de morrer - ¡unha vida resucitada con Xesús no ceo pola eternidade!

“Porque de tal xeito amou Deus ao mundo, que lle deu ao seu único Fillo, para que todo aquel que cre nel, non se perda, mais teña vida eterna” (Xoán 3:16).

¿Tomou unha decisión sobre Cristo polo que leu aquí? Se é así, prema no botón “Aceptei a Cristo hoxe”.

English



Voltar a páxina principal galego

¿Cal é o plan de Salvación?
© Copyright Got Questions Ministries