¿Ten Vostede Vida Eterna?




Pregunta: ¿Ten Vostede Vida Eterna?

Resposta:
A Biblia presenta un camiño claro cara á vida eterna. Primeiro, debemos recoñecer que pecamos contra Deus. Nas Sagradas Escrituras lemos en Romanos capítulo 3 verso 23: “Por canto todos pecaron, e están destituídos da gloria de Deus.” Todos fixemos cousas que desagradan a Deus, as cales nos fan merecedores de castigo. Debido a que a longo prazo tódolos nosos pecados van en contra dun Deus eterno, unicamente bastaría un castigo, eterno. Pero, en Romanos capítulo 6 verso 23 lemos, “Porque a paga do pecado é a morte, máis a dádiva de Deus é a vida eterna en Cristo Jesús O noso Señor.”

En 1 de Pedro capítulo 2 verso 22, lemos que con todo, Xesucristo, o inmaculado e en Xoán capítulo 1, versos 1 e 14, o eterno Fillo de Deus, fíxose home e morreu para pagar o noso castigo. En Romanos 5:8 lemos: “Mais Deus mostra o seu amor para connosco, en que aínda sendo pecadores, Cristo morreu por nós.” Xesucristo morreu na cruz como lemos en Juan 19:31-42, levando a culpa que mereciamos como o lemos en 2 Corintios 5:21. Tres días máis tarde Él levantouse da tumba como lemos no 1 de Corintios 15:1-4, demostrando A súa vitoria sobre o pecado e a morte. E en 1 de Pedro capítulo 1 verso 3, lemos: “Que pola súa grande misericordia fíxonos renacer para unha esperanza viva, pola resurrección de Xesucristo de entre os mortos.”

En Feitos 3 verso 19, lemos que por fe, debemos arrepentirnos e apartarnos do noso pecado e volvernos a Cristo para salvación. Se depositamos a nosa fe nel, confiando en que a súa morte na cruz foi o pago polos nosos pecados, seremos perdoados e recibiremos a promesa da vida eterna no ceo. En Juan 3:16 lemos: “Porque de tal xeito amou Deus ao mundo, que lle deu ao seu único fillo, para que todo aquel que nel cre, non se perda, máis teña vida eterna.” En Romanos 10:9 lemos: “Se confesases coa túa boca que Xesús é o Señor, e cres no teu corazón que Deus o levantou dentre os mortos, terás a salvación” ¡Soamente a fe na obra completa de Cristo na cruz, é o único camiño verdadeiro cara á vida eterna! En Efesios 2:8-9 lemos: “Porque por graza tedes a salvación por medio da fe; e isto non provén de vós, pois é don de Deus; non polas vosas obras, para que ninguén se gloríe.”

Se vostede desexa aceptar a Xesucristo como o seu Salvador, pode facer a seguinte oración: “Deus, sei que pequei contra tí e merezo castigo. Pero Xesucristo tomou o castigo que eu merecía, de maneira que, a través da fé no, eu poida ser perdoado. Arrepíntome e apártome do meu pecado e poño a miña confianza en Tí para a miña salvación. Grazas pola túa marabillosa graza e polo teu perdón- ¡o don da vida eterna! ¡Amen!” Recorde que o rezar esta oración ou calquera outra, non é suficiente para acadar a salvación. Soamente o confiar e ter fé en Cristo pode librarlle do pecado e regalarlle unha vida eterna no ceo. Esta oración é simplemente un xeito de expresarlle a Deus a súa fé nel e darlle as grazas por proporcionarlle a salvación.

¿Tomou unha decisión sobre Cristo polo que leu aquí? Se é así, prema no botón “Aceptei a Cristo hoxe”.



Voltar a páxina principal galego



¿Ten Vostede Vida Eterna?