settings icon
share icon
Pregunta

¿Que significa aceptar a Xesús como o seu Salvador persoal?

Resposta


¿Algunha vez aceptou a Xesucristo como o seu Salvador persoal? Antes de responder, permítame explicar a pregunta. Para entender apropiadamente esta pregunta, vostede primeiro debe entender apropiadamente o que significa “Xesucristo,” “Salvador” e “persoal.”

¿Quen é Xesucristo? Moita xente vai recoñecer a Xesucristo como un bo home, un gran mestre, ou aínda un profeta de Deus. Estas definitivamente, son cousas, ben certas de Xesús, pero en realidade non definen quen é Xesús. A Biblia dinos que Xesús é Deus na carne, que Deus fíxose un ser humano (vexa Xoán 1:1,14). Deus veu á terra para ensinarnos, corregirnos, perdoarnos – e morrer por nós. Jesucristo é Deus, o Creador, o Señor. ¿Aceptou vostede a este Xesús?

¿Que é un Salvador e por que necesitamos un Salvador? A Biblia dinos que todos pecamos, cometemos actos malvados (Romanos 3:10-18). Como resultado do noso pecado, somos merecedores da ira e o xuízo de Deus. O único castigo xusto polos pecados cometidos en contra dun Deus infinito e eterno, é un castigo infinito (Romanos 6:23; Apocalipse 20:11-15). ¡Esa é a razón pola cal necesitamos un Salvador!

Xesucristo, veu á terra e morreu no noso lugar. A morte de Xesús, como Deus en carne, foi un pago infinito polos nosos pecados (2ª Corintios 5:17). Xesús morreu para pagar a penalidade polos nosos pecados (Romanos 5:8). Xesús pagou o prezo a fin de que nós non o fagamos. A resurrección de Xesús probou que a súa morte foi suficiente, para pagar a penalidade polos nosos pecados. ¡Esa é a razón pola cal Xesús é o único Salvador (Xoán 14:6; Feitos 4:12)! ¿Está vostede a confiar en Xesús como o seu Salvador?

¿É Jesús o seu Salvador “persoal”? Moita xente considera o Cristianismo como asistir á igrexa, executar rituais, non cometer certos pecados. Iso non é o Cristianismo. O verdadeiro Cristianismo é unha relación persoal con Xesucristo. Aceptar a Xesús como o seu Salvador persoal, significa colocar a súa propia fe persoal e confiar nel. Ninguén se salva pola fe doutros. Ningún é perdoado por facer certas accións. O único camiño para a salvación, é aceptando persoalmente a Xesús como o seu Salvador, confiando na súa morte como pago polos seus pecados, e na súa resurrección como a súa garantía de vida eterna (Xoán 3:16). ¿É persoalmente Xesús o seu Salvador?

Se vostede quere aceptar a Xesucristo como o seu Salvador persoal, dígalle a Deus as seguintes palabras. Recorde, rezar esta oración ou calquera outra, non o vai salvar. É soamente o confiar en Cristo o que pode librar do pecado. Esta oración é simplemente un xeito de expresarlle a Deus a súa fe no, e agradecerlle que lle proporcionase a salvación. “Deus, sei que pequei contra ti e merezo castigo. Pero Xesucristo tomou o castigo que eu merecía, de maneira que a través da fe nel eu poida ser perdoado. ¡Apártome do meu pecado e poño a miña confianza en Ti para salvación. ¡Acepto a Xesús como o meu Salvador persoal! ¡Grazas pola túa marabillosa graza e perdón ¡o don da vida eterna! ¡Amén!”

¿Tomou unha decisión sobre Cristo polo que leu aquí? Se é así, prema no botón “Aceptei a Cristo hoxe”.

English



Voltar a páxina principal galego

¿Que significa aceptar a Xesús como o seu Salvador persoal?
© Copyright Got Questions Ministries