Pregunta
¿Existe Deus? ¿Hai evidencia da existencia de Deus?
Resposta
¿Existe Deus? Encontro interesante que se de tanta atención a este debate. As últimas enquisas dinnos que sobre o 90% da xente no mundo de hoxe, cre na existencia de Deus ou nalgún poder máis alto. Con todo, dalgún modo, a responsabilidade colócase sobre aqueles quen cren que Deus existe, para dalgún xeito probar que él en realidade existe. Eu persoalmente penso que a responsabilidade está sobre os que non cren.
Non obstante, a existencia de Deus non pode ser probada ou desmentida. Ata a Biblia di quedeberiamos aceptar por fe o feito de que Deus existe, “E sen fe é imposíbel agradar a Deus; porque é necesario que o que se achega a Deus crea que existe, e que él recompensa aos que o buscan” (Hebreos 11:6). Se Deus o desexase, simplemente podería aparecer, e probar a todo o mundo que existe. Pero se o fixese, non habería necesidade de fe. “Entón Xesús díxolle: porque me viches, criches; benaventurados os que non me viron, e creron” (Xoán 20:29).
Con todo, iso non significa que non hai evidencia da existencia de Deus. A Biblia declara, “Os ceos contan a gloria de Deus, e o firmamento anuncia a obra das súas mans. Un día emite palabra a outro día, e unha noite a outra noite declara sabedoría. Non hai linguaxe, nin palabras, nin é oída a súa voz. Por toda a terra saíu a súa voz, e ata o extremo do mundo as súas palabras” (Salmos 19:1-4). Ao mirar as estrelas, ao entender a inmensidade do universo, ao observar as marabillas da natureza, ao ver a beleza da posta do sol - vemos que todas esas cousas apuntan cara a un Creador, Deus. Se isto non fose suficiente, tamén hai evidencia de Deus nos nosos propios corazóns. Eclesiastés 3:11 dinos, “…él puxo eternidade no corazón dos homes…”Hai algo no profundo do noso ser, que recoñece que hai algo máis alá desta vida e alguén máis aló deste mundo.
Intelectualmente podemos negar este coñecemento, pero a presenza de Deus en nós e a través de nós, aínda está aí. A pesar de todo isto, a Biblia advírtenos que aínda hai algúns que negan a existencia de Deus, “Di o necio no seu corazón: “Non hai Deus” (Salmos 14:1). Debido a que sobre o 98% da xente a través da historia, en tódalas culturas, en tódalas civilizacións, en tódolos continentes, cren na existencia dalgún tipo de Deus -debe haber algo (ou alguén) que cause esta crenza.
Ademais dos argumentos bíblicos para a existencia de Deus, hai argumentos lóxicos. Primeiro, temos o argumento ontolóxico. A forma máis popular do argumento ontolóxico, usa basicamente o concepto de Deus para probar a súa existencia. Este comeza coa definición de Deus como “Ese do cal non pode ser concibido un máis grande”. Entón sostense que existir é maior que non existir, e xa que logo o maior ser concebíbel debe existir. Se Deus non existiu, entón Deus non sería o maior ser concebíbel - pero iso iría contradicir a definición mesma de Deus. O segundo é o argumento teolóxico. O argumento teolóxico di que dende que o universo desprega tal marabilloso deseño, debe haber un deseñador Divino. Por exemplo, se a terra estivese uns poucos centos de millas máis cerca ou máis lonxe do sol, non sería capaz de manter moita da vida que na actualidade mantén. Se os elementos na nosa atmosfera fosen diferentes aínda nunha pequena porcentaxe, cada cousa vivente sobre a terra morrería. As probabilidades dunha simple molécula de proteína formada por casualidade é 1 en 10 elevado á potencia 243 (é dicir, 10 seguido de 243 ceros). Unha simple célula consta de millóns de moléculas de proteína.
Un terceiro argumento lóxico para a existencia de Deus é o denominado argumento cosmolóxico. Cada efecto debe ter unha causa. Este universo e todo o que hai nel, é un efecto. Debe haber algo que causou que todo existise. A longo prazo, debe haber algo “sen-causa” a fin de provocar que todo o demais exista. Ese “sen-causa” é Deus. Un cuarto argumento é coñecido como o argumento moral. Cada cultura a través da historia tivo algunha forma de lei. Todos teñen un sentido do correcto e o erróneo. O asasinato, a mentira, o roubo, e a inmoralidad son rexeitados case universalmente. ¿De onde veu ese sentido do correcto e o erróneo, senón dun Deus santo?
A pesar de todo isto, a Biblia dinos que a xente vai rexeitar o coñecemento claro e innegábel de Deus, e en lugar diso, crer unha mentira. Romanos 1:25 declara, “Cambiaron a verdade de Deus pola mentira, honrando e dando culto ás criaturas antes que ao Creador, quen é bendecido polos séculos. Amén.” A Biblia tamén proclama que a xente non ten escusa para non crer en Deus, “Porque as cualidades invisíbeis de Deus, o seu eterno poder e deidade, fanse claramente visíbeis dende a creación do mundo, sendo entendidas por medio das cousas feitas, de modo que non teñen escusa” (Romanos 1:20).
A xente demanda non crer en Deus porque “non é científico” ou “porque non hai probas”. A razón verdadeira é que unha vez que a xente admite que hai un Deus, tamén deben darse conta de que son responsábeis cara a Deus e que están necesitados do seu perdón (Romanos 3:23; 8:23). Se Deus existe, entón somos responsábeis polas nosas accións cara él. Se Deus non existe, entón podemos facer o que queiramos sen ter que preocuparnos porque Deus nos xulgue. Penso que esa é a razón pola que moitos nesta sociedade, están tan fortemente aferrados á evolución - para dar á xente unha alternativa de crer nun Deus Creador. Deus existe e a longo prazo todo o mundo sabe que existe. O feito mesmo de que algúns intenten tan agresivamente refutar a súa existencia, é de feito un argumento a favor da súa existencia.
Permítame dar un último argumento para a existencia de Deus. ¿Como sei que existe Deus? Eu sei que Deus existe porque falo con él tódolos días. Non o escoito falándome con voz audíbel, pero sinto a súa presenza, sinto a súa guía, coñezo o seu amor, desexo a súa graza. Ocorreron cousas na miña vida que non teñen outra explicación posíbel senón Deus. Deus salvoume tan milagrosamente e cambiou a miña vida de tal xeito que non podo senón recoñecer e encomiar a súa existencia. Ningún destes argumentos en si, poden persuadir a alguén que rehúsa recoñecer o que é tan claro. Ao final, a existencia de Deus debe ser aceptada por fe (Hebreos 11:6). A fe en Deus non é un salto cego á escuridade, este é un paso seguro a unha habitación ben iluminada onde xa se atopa o 90% das persoas.
English
¿Existe Deus? ¿Hai evidencia da existencia de Deus?